Ataque Escampe
Información
Miembros:
Actualmente, a formación máis estábel de Ataque Escampe é: Francesc Esteve ("Paq"): acordeón, guitarra acústica; Álex Charlón: voz, harmónica; Miguel Mosquera: guitarra acústica e coros; Roi Vidal: percusións, kazoo, lixas, harmónica e coros; Samuel Solleiro: guitarra acústica, banxo e melódica; Marco Gelpi: guitarra eléctrica; X.L. García ("Lois"): teclados.
Género:
Rock de Serie B
Ciudad de origen:
Santiago de Compostela
Fotos

2 de 6 álbumesVer todas

PROMOActualizado hace aproximadamente 4 meses
AO VIVOActualizado hace aproximadamente 4 meses
Vídeo

2 vídeosVer todos

3:30 Agreagado hace aproximadamente 6 meses
5:04 Agreagado hace aproximadamente 7 meses
Nadie ha agregado vídeos de fans.
 
Pois tocaba unha outra vez retiro espiritual das Ataque Escampe na aldea de Brántega (na imaxe, músicos nativos da segunda república que foron o berce da actual Banda de Agolada). Vimos de pasar unhas xornadas facendo grupo, escoitando cancións de referencia, probando outros estilos e sonoridades, gravando cousas novas -un par de temas, moitos bosquexos, algunha improvisación- e pasando frío polas noites.

Porque si xente, haberá novo disco para 2010, e unha mesma vai perdendo a conta do número que fai...

E xa vos podemos adiantar algo: a capa non vai levar fondo branco.
A música... a música a saber que cores terá...



Non pregunten como, mais o caso é que hai pouco atopamos no faiado da casa este estraño vídeo protagonizado polos inefábeis personaxes d"A grande evasión". Tampouco pregunten por que acontece na praia, por que está en super 8, que relación ten o audio coa imaxe, que vencello garda con estoutro...

En fin, mellor non preguntar nada. En breve tamén o subimos ao llutú.

Feliz década, camaradas.

http://www.vimeo.com/8183775

Ataque Escampe - Europa e o ballet from mopalmact on Vimeo.

Co concerto de Cervo (Venres 18 de decembro, Pub O muíño, 00:00) as púxiles de Ataque Escampe poñemos fin á Xira The Great Escampe 2009.

Houbo avances na nosa técnica, aínda non os suficientes, mais hóuboos. Porén seguimos a usar obxectos non regramentarios, insistimos en infravalorar o xogo de pés, por momentos damos as costas ao contrincante, chegamos desfeitas ao final... Nada que non se poida mellorar nos adestramentos (que os faremos e intensos, xa vos diremos), ou cun bo par de hostias entre nós.

Para escenificar a nosa fame de triunfos no cuadrilátero decidimos probar sorte no certame de Pressing Catch de Berrobambán co tema "Os vingativos". Ademais a semana que vén promocionarémonos entre os mánagers do boxeo cun vídeo co que meter medo a calquera rival, xa veredes...

Ben, recomendación e anuncio: en Cervo estrea da revisión de AE de "Festa malandrómica". Con admiración polo Jevi...



Ver más notas